Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 21 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de concesión de explotación que se cita (expediente 5647).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Prebentong Lugo, S.A., con enderezo na r/ Tuñas Bouzón, 2-2º Dta., 27001 (Lugo), presentou nesta delegación provincial instancia-solicitude da concesión de explotación Bertita II de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito e sección C, que se sitúa no concello de Lugo da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5647 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 29' 20''43º 00' 40''

2-7º 28' 40''43º 00' 40''

3-7º 28' 40''43º 00' 00''

4-7º 29' 20''43º 00' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do plazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 21 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8260