Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia para a contratación da subministración dun plan de necesidades: respiradores, bisturís, carros unidose e carros nutriz (C.P. 62/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración dun plan de necesidades-respiradores, bisturís, carros unidose e carros nutriz.

Orzamento: 18.022.000 de ptas.

Garantía provisional: 360.440 ptas.

-Lote 1: electrobisturí mono-bipolar.

Orzamento: 2.400.000 ptas.

Garantía provisional: 48.000 ptas.

-Lote 2: respirador específico p/cirurxía torácica e transplante hepático.

Orzamento: 9.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 180.000 ptas.

-Lote 3: respiradores p/cirurxía xeral.

Orzamento: 5.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 100.000 ptas.

-Lote 4: carros unidose.

Orzamento: 1.188.000 ptas.

Garantía provisional: 23.760 ptas.

-Lote 5: maletas de recambio.

Orzamento: 264.000 ptas.

Garantía provisional: 5.280 ptas.

-Lote 6: carros nutriz.

Orzamento: 170.000 ptas.

Garantía provisional: 3.400 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia.

Prazo de entrega: quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

-Prezo ofertado: 50%.

-Prestacións e calidade: 35%.

-Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviarse por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 12 de novembro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8604