Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.588

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

EDICTO (110/1996).

Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín (Pontevedra).

Fago saber: que no procedemento de suspensión de pagamentos nº 110/1996, que se tramita ante este xulgado por instancia da entidade suspensa Construcciones Suso Chaira, S.L., se celebrou a xunta de acredores con data doce do actual, e a maioría dos acredores asistentes, que representaban máis das tres cuartas partes do pasivo, votaron favorablemente o convenio discutido.

E para que conste, expido e asino o presente edicto en Lalín o trece de novembro de mil novecientos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

96-7181