Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

EDICTO.

Aprobados polo Pleno deste Concello en sesión extraordinaria celebrada o día 13 de novembro de 1996, os pregos de cláusulas económicas-administrativas particulares que rexerán na contratación polo procedemento aberto e sistema de concurso, da redacción das normas subsidiarias de planeamento municipal, co alcance definido no artigo 91.b) do Regulamento de planeamento, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde a inserción deste anuncio no BOP e para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Declarada a urxencia do procedemento de contratación, de conformidade co establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e segundo o disposto no artigo 122.2º do real decreto lexislativo citado, anúnciase ó mesmo tempo cos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares o concurso.

1. Obxecto: redacción das normas subsidiarias de planeamento municipal, co alcance definido no artigo 91.b) do Regulamento de planeamento e coa documentación mínima sinalada no prego de prescricións técnicas da Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

2. Tipo de licitación: 6.700.000 ptas., IVE incluído.

O pagamento farase da seguinte maneira:

-20% no momento de asina-lo contrato.

-40% no momento do sometemento ó informe previo á aprobación inicial.

-20% no momento do sometemento ó informe previo á aprobación definitiva.

-20% no momento da aprobación definitiva.

3. Prazo de execución:

-Que permita o sometemento ó informe previo á aprobación inicial antes do 10-12-1997.

-Que permita a aprobación definitiva antes do 10-12-1998.

4. Fianza provisional: 2% do orzamento.

5. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Presentación de proposicións e documentación: as proposicións presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Os licitadores presentarán ó mesmo tempo dous sobres; un levará soamente o modelo de proposición económica, a documentación sinalada no apartado 6.I) deste anuncio e aqueloutros que contribúan á selección do adxudicatario do concurso de conformidade cos criterios que se sinalan no apartado 8 do presente anuncio, e outro cos seguintes documentos:

A) DNI e NIF, ou fotocopia autenticada.

B) Resgardo acreditativo de que depositou a fianza provisional.

C) Testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición que para contratar se prevén no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. No suposto de que o dito documento non poida expedido pola autoridade competente, poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado.

D) Escritura de poder, se actúa en representación doutra persoa, legalizado, se é o caso, e verificada a súa suficiencia por un letrado en exercicio ou polo secretario do concello.

E) Escritura de constitución de sociedade mercantil inscrita no rexistro mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza.

F) Xustificante autenticado de estar dado de alta no imposto sobre actividades económicas no epígrafe que o faculte para contratar.

G) Certificación de estar ó día no pagamento das cotas da Seguridade Social.

H) Declaración de estar ó día nas súas obrigas tributarias nos termos establecidos no artigo 2 do Real decreto 1462/1985, do 3 de xullo.

I) Documentación complementaria:

1. Currículum vitae cos datos persoais, académicos e profesionais, concursos nos que participou e postos alcanzados neles, de cada compoñente do equipo.

2. Compromiso expreso dos membros do equipo de dedicación á realización dos traballos en cuestión.

3. Declaración de tódolos membros do equipo de aceptaren o réxime de incompatibilidades establecidos nas disposicións vixentes.

4. Relación de traballos realizados, tanto a nivel individual como en equipo diferenciado os seguintes aspectos:

-Traballos de planeamento en xeral.

-Traballos de planeamento do tipo obxecto do concurso.

-Traballos de planeamento no territorio onde se sitúa o planeamento obxecto do concurso (comunidades autónoma, comarca).

-Traballos actualmente en realización, xustificando a capacidade de dedicación ó do obxecto do concurso.

A relación dos traballos realizados ou en realización virá acompañada de información sobre o grao de tramitación no que se atopan, xeito no que se desenvolveu o trámite de participación pública, e todas aqueloutras incidencias que poidan defini-la capacidade de xestión do planeamento dos concursantes.

5. Plan de realización dos traballos, contendo:

-Memoria, na que de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas se expoña claramente o desenvolvemento da metodoloxía que se vai empregar nos traballos, cunha definición clara e precisa daqueles que o licitador se compromete a realizar.

-Calendario completo para a execución, compatible cos prazos recollidos no prego de cláusulas económico-administrativas.

-Descrición dos medios persoais e materiais que se propón empregar, indicando os que se posúen en propiedade ou arrendamento, describindo, se é o caso, o tipo de oficina técnica que se compromete a ter.

-Previsión dos importes parciais dos traballos, en tantos por cento do importe total, de acordo co cronograma previsto.

-No caso de que o licitador prevexa a contratación con terceiros de parte dos traballos, indicarase o nome daqueles, referencias e porcentaxes desta subcontrata no orzamento total.

-No caso de se contar coa colaboración doutros profesionais ou empresas especializadas, deberase acompañar, como complemento dos méritos persoais, unha relación daqueles, indicando o nome, título, especialidade e experiencia. Neste caso será necesario presentar un compromiso escrito de colaboración dos interesados, e unha relación expresa da/s parte/s do traballo na/s que colaborarán.

7. Modelo de proposición:

Don/Dona..., domiciliado/a en..., con DNI nº..., en nome propio (ou en representación de... como acredita por...), informado/a da convocatoria do concurso, toma parte nel, comprometéndose á realización dos traballos de... no prazo de..., e no prezo de... (en letra e en número) IVE incluído, conforme

o prego de cláusulas económico-administrativas particulares, anexo a el e prego de prescricións técnicas, que acepta integramente.

Riotorto, ... de... de 199...

8. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

1. Experiencia profesional en materia urbanística: valoraranse os seguintes aspectos, por orde de prioridade:

-Experiencia en temas similares ó obxecto do concurso.

-Experiencia xeral en temas de planeamento.

Dentro destes aspectos valorarase independentemente a experiencia individual de cada compoñente do equipo e a conxunta deste como tal, tendo en conta que o grao ha de ser coherente coa dificultade do traballo en cuestión.

Así mesmo poderanse valorar outros aspectos, destacando entre os posibles os seguintes:

-Dedicación á investigación e ensino do urbanismo.

-Experiencia como técnicos urbanistas ó servicio da Administración en materia de planeamento e xestión.

2. Capacidade e coherencia interna do equipo: valoraranse os seguintes aspectos por orde de prioridade:

-Experiencia conxunta como tal equipo e carácter pluridisciplinar.

-Existencia de especialistas en temas concretos do traballos.

-Existencia de equipos ou medios técnicos de apoio.

3. Raigame ou maior coñecemento do territorio obxecto do traballos: valoraranse os seguintes aspectos por orde de prioridade:

-Experiencia de traballos no territorio, tanto individualmente como en equipo.

-Situación no territorio.

4. Capacidade de xestión: valoraranse os seguintes aspectos:

-Experiencia de intervención en procesos de participación pública.

-Efectividade dos traballos en función do grao de tramitación acadado e demais incidencias.

5. Capacidades de dedicación ó traballo proposto: co fin de asegurar, no posible, unha maior dedicación ó traballo e á relación co organismo contratante, teranse en consideración os seguintes aspectos:

-Traballos actualmente en realización.

-Características profesionais e persoais dos concursantes.

6. O plan de realización dos traballos: valorarase como aspecto de especial importancia a metodoloxía que se vai empregar no desenvolvemento do traballo en función da súa adecuación ós obxectivos que se pretenden conseguir co planeamento proposto e á política de actuación urbanística proposta para a súa consecución.

9. Apertura de proposicións: a mesa de contratación estará formada polo alcalde-presidente, un concelleiro designado polo Pleno, un técnico municipal, un técnico superior nomeado pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Actuará como secretario o mesmo da corporación.

A apertura das proposicións terá lugar ás once horas do día seguinte hábil aquel no que termine o seu prazo de presentación (excepto se é sábado, neste caso farase o primeiro día hábil seguinte).

Riotorto, 14 de novembro de 1996.

José López Cabodevila

Alcalde

9608573