Obxecto do contrato: é a contratación dos traballos de desratización no municipio de Vilagarcía de Arousa.
Tipo de licitación: o orzamento do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de 2.600.000 ptas., por tódolos conceptos.
Prazo do contrato: os traballos de desratización terán unha duración dun ano natural, prorrogable por anualidades completas, de mutuo acordo.
Garantías provisional e definitiva: para participar no concurso, constituirase unha garantía provisional de 52.000 ptas.
A fianza definitiva fíxase no 4% do orzamento do contrato.
Proposicións: as proposicións presentaranse nas oficinas municipais de secretaría, Negociado de Urbanismo, no prazo de vinteseis días naturais, a partir do seguinte ó da inserción do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.
As proposicións axustaranse ó modelo que consta no prego de condicións.
Documentación: os licitadores, xunto coa súa proposición, presentarán a documentación a que se refire a cláusula XI do prego de condicións e nos sobres que figuran nesta.
Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións do concello, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que a mesa de contratación proceda á apertura dos sobres de documentación.
Prego de condicións: están a disposición dos interesados na secretaría da Casa do Concello, tódolos días laborables durante as horas de oficina, agás o sábado.
Vilagarcía de Arousa, 30 de outubro de 1996.
Joaquín J. Gago López
Alcalde