De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-337/1996, I-374/1996, I-429/1996.1 e I-429/1996.2) por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.
Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta
notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).
O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Pontevedra, 18 de outubro de 1996.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Último enderezo coñecido
propostaPrecepto
Expediente Denunciado
Feito denunciado Infrinxido Sancionador Sanción
rúa Sobrido-Pinténs, 8
36948 Hío
Petelos, s/n 36416 Mos
rúa Camiño Longo, 15,
Ourense
rúa Camiño Longo, 15,
Ourense
I-337/1996 J. Manuel Coya Alonso
Abandono dun vehículo. Art. 137 e) do regulamento á Lei I.F. Art. 139 do regulamento á Lei I.F. 50.000 I-374/1996 Josefa Duarte Vázquez
Abandono dun vehículo. Art. 137 e) do regulamento á Lei I.F. Art. 139 do regulamento á Lei de I.F. 50.000 I-429/1996.1 Daniel Montoya Montoya
Vertido de lixo no monte e queima en época de máximo perigo. Art. 137 e) e 138 c) do regulamento á Lei de I.F. Art. 139 do regulamento da Lei I.F. 25.000 I-429/1996.2 Mª Sol Giménez Montoya
Vertido de lixo no monte e queima en época de máximo perigo. Art. 137 e) e 138 c) do regulamento á Lei de I.F. Art. 139 do regulamento á Lei I.F. 25.000
8459