Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a aprobación dunha modificación de tráficos da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Santa Comba, con anexos: V-7034; XG-408, mediante a incorporación ó itinerario concesional dun anexo entre as localidades de Cerceda e Ordes.

A Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, con data 23 de setembro de 1996, resolveu

aprobar unha modificación de tráficos da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Santa Comba, con anexos: V-7034; XG-408, da titularidade de Automóviles Sigras-Carral, S.A. (Asigasa), mediante a incorporación ó itinerario concesional dun anexo entre Cerceda e Ordes de acordo, entre outras, coas seguintes condicións de prestación do servicio:

I. Itinerarios e puntos de parada:

Cerceda-Ordes, por Mercurín e cruce N-550/local Cerceda-Ordes, de 16 Km de lonxitude.

II. Prohibicións de tráfico:

De e entre Ordes e cruzamento da estrada N-550 coa local Ordes-Cerceda, e deste treito para A Coruña.

III. Expedicións:

Cerceda-Ordes. Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

IV. Tarifas:

Serán de aplicación as establecidas na concesión V-7034; XG-408.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8246