Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.492

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/020 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 96/020, convocada por Resolución do 19 de abril de 1996 (BOE do 22 de maio), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade

no prazo de quince días hábiles a partir do seguiente ó da súa publicación.

A Coruña, 4 de novembro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencias da Comput. e intelixencia artificial.

Praza número: 96/020.

Comisión titular:

Presidente: Freire Nistal, José Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Barreiro García, Álvaro, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

García Roig, Jaime Luis, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Martín Ayuso, Vicente, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Penades Martínez, José Leandro, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Comisión suplente:

Presidente: Blanco Ferro, Antonio, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Pérez Otero, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Trillas Ruiz, Enrique, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

López Martínez, Vicente, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Sigüenza Pizarro, Juan Alberto, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

96-8297