O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración dun plan de necesidades, plan de montaxe cirurxía cardíaca infantil (material de consultas externas).
Orzamento: 21.100.000 ptas.
Garantía provisional: 422.000 ptas.
Lote 1: angarellas de tratamento.
Orzamento: 300.000 ptas.
Garantía provisional: 6.000 ptas.
Lote 2: material cirúrxico xeral:
-6 tesoiras de puntos.
-4 mangos de bisturí.
-4 tesoiras de Mayo curvas.
-4 tesoiras de Mayo rectas.
-6 pinzas de disección con dentes.
-6 pinzas de disección sen dentes.
-6 mosquitos curvos.
-6 mosquitos rectos.
-4 pinzas de Kocher.
-4 pinzas de Pean.
Orzamento: 300.000 ptas.
Garantía provisional: 6.000 ptas.
Lote 3: material de reanimación.
Orzamento: 500.000 ptas.
Garantía provisional: 10.000 ptas.
Lote 4: lámpadas de calor radiante.
Orzamento: 1.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 20.000 ptas.
Lote 5: ecocardiógrafo.
Orzamento: 19.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 380.000 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia.
Prazo de entrega: quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
1. Prezo ofertado: 50%.
2. Prestacións e calidade: 35%.
3. Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 71.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 5 de novembro de 1996.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña