Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 13/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización do servicio de limpeza.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: residencia xuvenil Florentino López Cuevillas.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1997, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.400.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n.

c) Localidade: Ourense 32004.

d) Teléfono: (988) 38 60 86.

e) Telefax: (988) 38 60 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 12 de novembro de 1996.

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense