Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, a contratación da obra de rehabilitación do mosteiro de Santa María de San Clodio do Ribeiro de Avia-Leiro (Ourense), e da asistencia técnica: control de calidade para a obra de rehabilitación do mosteiro de Santa María de San Clodio do Ribeiro de Avia-Leiro (Ourense).

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación da seguinte obra e asistencia técnica:

-Rehabilitación do mosteiro de Santa María de San Clodio do Ribeiro de Avia (Leiro-Ourense):

Orzamento de licitación: catrocentos corenta e nove millóns trescentas setenta e oito mil seiscentas cincuenta pesetas (449.378.650 ptas), IVE incluído.

-Prazo de execución: dezaoito meses (18) máximo, catorce meses (14) mínimo.

Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoria «e».

Fianza provisional: non se esixe.

-Control de calidade para as obras de rehabilitación do mosteiro de Santa María de San Clodio do Ribeiro de Avia (Leiro-Ourense).

Orzamento de licitación: tres millóns cincocentas oitenta e unha mil oitocentas corenta e oito pesetas (3.581.848 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: trece meses (13).

Fianza provisional: non se esixe.

Exposición dos pregos: o proxecto de obra, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no servicio de obras e contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dunha obra, deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social