Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 novembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a autorización da segregación dos tráficos correspondentes ó itinerario Vilalba -Lugo, con anexo, na concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1078; XG-061, entre Vilalba e Adai, con anexos, así como a transferencia das concesións resultantes.

Con data 12 de xaneiro de 1996, o director xeral de Transportes,

RESOLVEU:

1. Autoriza-la segregación dos tráficos correspondentes ó itinerario Vilalba-Lugo, con anexo, na concesión V-1078; XG-061, entre Vilalba e Adai, con anexos, da titularidade de José Abeledo Rodríguez.

Como consecuencia desta segregación, os tráficos da concesión orixinal, V-1078; XG-061, entre Vilalba e Adai, con anexos, quedan integrados dentro das concesións seguintes:

I. V-1078; XG-061, Friol-Lugo-Gude, con anexos.

II. V-7040; XG-414, Villalba-Lugo, por Feira do Monte e Castro de Ribeiras de Lea, con anexo.

2. Autoriza-las seguintes transmisións de concesións:

* V-1078; X-061, a favor de Autobuses Urbanos de Lugo, S.A.

* V-7040; XG-414, a favor de Autos Lozano, S.L.

Os novos concesionarios asumen o conxunto de dereitos derivados da concesión e as obrigas contraídas polo cedente como concesionario do servicio.

A explotación das concesións citadas efectuarase de acordo, entre outras, coas seguintes condicións de prestación do servicio:

I. V-1078; XG-061, Friol-Lugo-Gude, con anexos.

I.1. Itinerarios e puntos de parada.

* Friol, Narla, Carpaceiras, Ousá, Santa Eulalia de Pena, Donalbai, Gaioso, Uriz, Rábade, Outeiro

de Rei, Robra, O Castro, Pontenova, Ramil (Cerámica), Ramil, Empalme de Cotá, Tolda de Meilán, Garabolos, Lugo (E.A.), Sanfiz, Tolda de Castela, Mesón Lavao, Conturiz, Mesón Cuco, Nadela, Casilla, Ponte do Bao, Laxosa, Cabreiros, Chamoso, Empalme estrada Adai, Abuín, Pedrafita, Adai e Gude.

* Queizán, Adai e Vilachá.

* Rábade, Begonte e Donalbai.

I.2. Prohibicións de tráfico.

* De Friol para Lugo, e viceversa (esta prohibición refírese a tódalas paradas que se efectúen en Lugo a partir de Ramil, excluída esta).

* De Begonte para Rábade, puntos intermedios, e viceversa.

Do tramo Begonte-Rábade, excluído Rábade , para calquera dos puntos comprendidos no tramo Rábade-Lugo, e viceversa.

I.3. Expedicións e calendario.

Lugo-Nadela.

* Seis expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Adai-Lugo.

* Tres expedicións de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

Gude-Adai-Lugo.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Queizán-Adai-Lugo.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Vilacha-Adai-Lugo.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Lugo-Rábade.

* Dúas expedicións de ida e volta diarias.

* Sete expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Cinco expedicións de ida e volta de luns a venres lectivos na universidade.

Friol-Lugo por Santa Eulalia de Pena e Begonte.

* Unha expedición de ida e volta diaria.

Donalbai-Lugo por Gaioso e Uriz.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

I.4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,2397 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,8164 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,2359 pesetas.

II. V-7040; X~414, Vilalba-Lugo por Feira do Monte e Castro de Ribeiras de Lea, con anexo.

II.1. Itinerarios e puntos de parada.

* Vilalba, Rioaveso, Santalla, Sistallo, Feira do Monte, San Estevo de Árbore, Goa, Roás, Momán, Xustás, Castro de Ribeiras de Lea, Arcos, Sobrada, San Lourenzo, Vilela, Matela, Outeiro de Rei, Robra, O Castro, Pontenova, Ramil (Cerámica), Ramil, Empalme Cotá, Tolda Meilán, Garabolos e Lugo.

* Castro de Ribeiras de Lea, Ribeiras de Lea e San Xulián de Mos.

II.2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Feira do Monte e San Estevo de Árbore, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Outeiro de Rei e Lugo, puntos intermedios e viceversa.

II.3. Expedicións e calendario.

Vilalba- Lugo.

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Feira do Monte-Lugo.

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Castro de Ribeiras de Lea-San Xulián de Mos.

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Roás-Vilalba.

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

II.4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,2397 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,8164 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,2359 pesetas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes