Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Divina Pastora do Barco de Valdeorras (Ourense) no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.
Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense que o envía cos informes emitidos pola inspección de educación e pola unidade técnica.
Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Deereto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.
Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.
Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto,enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá nos centros solicitantes.
Esta dirección xeral,
RESOLVE:
Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Centros e Inspección Educativa
ANEXO
Provincia de Ourense.
Concello: O Barco de Valdeorras.
Localidade: O Barco de Valdeorras.
Enderezo: Ramón del Valle Inclán, 2.
Denominación: Divina Pastora.
Titular: religiosas franciscanas.
Nivel: educación infantil-2º ciclo.
Unidades de que constaba: 3.
Unidades novas autorizadas: 1.
Total de unidades autorizadas: 4.