Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data 27 de setembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.A. 2 Penis de Arriba, formulado por Antonio Estévez Alonso e outros e redactado polo arquitecto José Enrique López Santander, con visados do COAG de datas 23 de xullo e 6 de setembro de 1996 consonte cos informes e demais documentación do expediente administrativo municipal 4115/411. A proposta de parcelación contida neste estudio de detalle debe considerarse simplemente orientativa, a resultas do que para o efecto se dispoña no proxecto de compensación que se formule, onde, ademais, deberá figura-la cesión ó Concello de Vigo do aproveitamento urbanístico que legalmente lle corresponde.

Segundo.-Somete-lo expediente ó trámite de información pública, durante o prazo de quince días, mediante a publicación de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Teceiro.-Sinalar como área afecttada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e domolición a abranguida polo seu ámbito.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicción de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 7 de outubro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde