Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de material de laboratorio para a realización de determinacións bioquímicas do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e urxente (expediente 2/1996).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: a contratación da subministración de material de laboratorio para a realización de determinacións bioquímicas para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

ParámetrosH. XeralCentro de diagnóstico e Gil CasaresTotal

Triglicéridos69.003104.892173.895
Colesterol80.282105.564185.846
GOT/AST75.598 91.452167.050
GOT/AST75.598 91.452167.050

ParámetrosH. XeralCentro de diagnóstico e Gil CasaresTotal

GPT/ALT73.899 93.480167.379
GGTP74.998 92.184167.182
CHE66.000 66.000
FAL72.185 77.736149.921
LDH35.168 10.356 45.524
CPK25.943 6.300 32.243
Glucosa79.539110.880190.419
Urea73.351107.760181.111
Ácido úrico72.154103.884176.038
Creatinina81.551 95.700177.251
Sodio78.327 36.852115.179
Potasio78.327 36.852115.179
Cloro60.034 18.036 78.070
Calcio66.578 25.524 92.102
Fósforo37.225 11.124 48.349
Prot. total76.164 21.132 97.296
Albúmina74.421 19.380 93.801
Bilirrubina total72.141 74.088146.229
Ácido siálico 3.132 3.132
HDL 43.298 43.296
Bilirrubina directa 3.017 16.680 19.697
Alfa amilasa 497 6.780 7.277
Fosfatasa ácida 2.220 2.220
Fosf. Ácid. non Prostá. 1.116 1.116
Fosf. Ácid. prostática 1.128 1.128
Globulinas 2.364 2.364
Ferro 24.000 24.000
Transferrina 12.000 12.000

Total1.429.5341.352.7602.782.294

Orzamento: 22.950.000 de ptas. (vintedous millóns novecentas cincuenta mil pesetas), (IVE incluído).

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

Prazo de execución: a duración do contrato será desde a data de comezo da vixencia do contrato ata o 31 de maio de 1997.

Admisión de variantes: pódense presentar melloras sobre as características mínimas establecidas nos pregos de prescricións técnicas, dentro sempre do orzamento máximo autorizado.

Solvencia económica e financeira: o que se especifica no apartado 7 da folla de especificacións.

Solvencia técnica: o que se especifica no apartado 8 da folla de especificacións.

Criterios de adxudicación: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar

s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

9608378