Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no BOE nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de procedemento negociado para a adquisición dos uniformes da Unidade de Ordenanzas do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de réxime interior e mantemento.

c) Número de expediente: 5/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: procedemento negociado para a adquisición dos uniformes da Unidade de Ordenanzas do Parlamento de Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: uniformes e vestiario complementario para 11 cabaleiros e 6 donas.

c) División por lotes e número: no.

d) Lugar de entrega: no Parlamento de Galicia.

e) Prazo de entrega: o sinalado nas ofertas, que non poderá exceder do mes a partir da data de notificación da adxudicación do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón novecentas trinta e dúas mil novecentas pesetas (1.932.900 ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: dispénsase.

b) Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.

d) Teléfono: 981-56 16 00

e) Telefax: 981-57 10 41

f) Fecha límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 14 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado o próximo día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula administrativa VII do prego de cláusula administrativas particulares publicado no BOPG nº 533, do 17 de outubro de 1996.

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes: non se establecen.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte á data de remate de presentación de ofertas.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gatos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

9608379