Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/135-2-4616 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45-Ourense.

Denominación: desvío instalacións eléctricas na Autovía do Noroeste.

Situación: Barralla-Becerreá.

Descricións técnicas: liña media tensión a 20 kV, en Neira de Rei, cunha lonxitude de 106 metros, con conductor LA-56. Liña media tensión a 20 kV, Baralla-Becerreá, cunha lonxitude de 64 metros, con conductor LA-110/116 mm Al. Liñas de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, nos lugares de Aproxo, S. Miguel, Lagua e desvío de S. Miguel, para realizar desvio das instalacións eléctricas na Autovía do Noroeste, nos concellos de Baralla-Becerreá.

Orzamento: 7.000.315 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8112