Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/150-2-4632 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. en rúa Benito Viceto.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 150 mm Al, cunha lonxitude de 61 metros. Centro de transformación de 1.000 kVA 20.000 kV, tipo edificio, con 2 celas de liña e 1 dela de protección para dar servicio eléctrico á zona r/ Benito Viceto en Monforte de Lemos.

Orzamento: 5.756.411 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 15 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9609336