Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/147-2-4629 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. a Cervantes.

Situación: Cervantes.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV a Cervantes cunha lonxitude de 4.942 metros. L.M.T., derivación a minicentral de Horta cunha lonxitude de 377 metros. L.M.T., derivación a C.T. de Torallo cunha lonxitude de 256 metros. L.M.T., derivación a minicentral de Castro, cunha lonxitude de 532 metros, realizadas en conductor LA-56 e LA-110, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/398-230 V+2, 5%+5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, para mellora do servicio eléctrico en Cervantes.

Orzamento: 23.938.918 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 14 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9607622