Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- da obra de clave N/AC/1991.3.2.

A) Obra.

1. Acondicionamento da estrada AC-450, Bertamiráns-Negreira.

Clave: N/AC/91. 3.2.

Orzamento: catrocentos noventa e nove millóns trescentas noventa e nove mil catrocentas sesenta e nove pesetas (499.399.469).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d,

grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 9.987.989.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de compostela, 11 de novembro de 1996.

P.d. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-8353