Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.331

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA-DELEGACIÓN DE VALLADOLID

EDICTO de notificación de providencia de constrinximento.

Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou a que as persoas outorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto

1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da dependencia de recadación acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

-Datos do contribuínte: 09288713W.

Sánchez Sierra Eduardo

Avda. Santander, 129, 2-A. Valladolid.

Concepto/descrición/Obx. Trib.: sancións OO.PP.

Clave liquidación: C1100096320000250.

Importe: 300.000.

F. Pro. Ap.: 17-6-1996.

-Datos do contribuínte: 09288713W.

Sánchez Sierra Eduardo

Avda. Santander, 129, 2-A. Valladolid.

Concepto/Descrición/Obx. Trib.: sancións OO.PP.

Clave liquidación: C1100096320000260.

Importe: 300.000.

F. Pro. Ap.: 17-6-1996.

-Datos do contribuínte: B47324371.

Revestimientos y Solados Valla

Cl/ Alberto Fernández Local, 1. Valladolid.

Concepto/descrición/Obx. Trib.: sancións Exp. 1994/472.

Liq.: 008951006.

Clave liquidación: C1100096150032143.

Importe: 720.120.

F. Pro. Ap.: 14-5-1996.

-Datos do contribuínte: 12364606J.

Alonso Esteban Juan Antonio

Cr/ Rueda, 19; 3-E. Valladolid.

Concepto/Descrición/Obx. Trib.: sancións Exp. 1993/01210.

Liq.: 008961002.

Clave liquidación: C1100096320057340.

Importe: 300.000.

F. Pro. Ap.: 14-5-1996.

Recursos:

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós

órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos da impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (Art. 138.1º da Lei xeral tributaria e Art. 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión de procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro)

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da A.E.A.T. do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa na delegación de Administración da A.E.A.T.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluído a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral presupostaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Art. 108 do Regulamento xeral de recadación).

A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediatamente hábil posterior.

B) Recibida a notificación entres os días 1 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia en forma do interesado.

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substantivación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.