Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou a que as persoas outorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:
Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da dependencia de recadación acordou:
«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».
Datos do contribuínte: 24161219H.
Mesa Parra, Manuel.
Cl/ Ub. El Duque, bloque 2, s/n. Guadix.
Concepto/descrición/Obx. Trib.: sanción Exp. 1988/PO264.
Liq.: 008951000.
Clave liquidación: C1100096360000462.
Importe: 241.200.
F. Pro. Ap.: 14-3-1996.
Causa ausencia Notif. ausente.
Recursos
Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.
Motivos da impugnación.
O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (Art. 138.1º da Lei xeral tributaria e Art. 99.1º do Regulamento xeral de recadación).
-Pagamento ou extinción da débeda.
-Prescrición.
-Aprazamento.
-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.
-Defecto formal no título expedido para a execución.
Suspensión de procedemento.
O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro)
Solicitude de aprazamento.
Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.
A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da A.E.A.T. do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.
Lugar de pagamento.
Na entidade que presta o servicio de caixa na delegación de Administración da A.E.A.T.
Xuros de demora.
As cantidades debidas, excluído a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral presupostaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.
Custas.
En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.
Prazos para efectua-lo ingreso.
(Art. 108 do Regulamento xeral de recadación).
A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediatamente hábil posterior.
B) Recibida a notificación entres os días 1 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.
Comparecencia en forma do interesado.
Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substantivación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.
96-7188