Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/119-1).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1996, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. subestación Sada a Santa Cruz, Sada e Arillo.

-Situación: Sada e Oleiros.

-Descripcións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo, na súa parte subterránea e con apoios metálicos, e de formigón na parte aérea, con orixe na subestación eléctrica de Sada, en triple circuíto subterráneo con conductores R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240)mm Al, entroncando dous circuítos na liña aérea a Santa Cruz e Arillo e continuando en simple circuíto subterráneo ata as inmediacións do C.T. Tornos, onde pasa a aérea, con conductor LA-110. Tramo subterráneo alimentando a urbanización El Bosque, tramo subterraneo entroncando na liña a Mera e C.T. Abeleiras. Os tramos subterráneos teñen 1.115 m de lonxitude e o aéreo 754 m Sada y Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 30 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8056