Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.312

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 13 de novembro de 1996 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para os días 18, 19 e 20 de novembro de 1996 na gardería infantil O Toxo de Pontevedra.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño de 1988 (DOG nº 116, do 20 de xuño).

O artigo 3 do devandito decreto faculta ós conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de acti

vidade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

O Comité de Empresa da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra, en escrito presentado perante a mencionada delegación provincial (rexistro de entrada do 7 de novembro de 1996) comunica a convocatoria de folga na gardería infantil O Toxo de Pontevedra para a totalidade da xornada laboral dos próximos días 18, 19 e 20 de novembro de 1996.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a esta consellería a fixa-los servicios mínimos necesarios para o adecuado desenvolvemento das actividades en favor do principio constitucional de protección social da familia.

Na súa virtude, convocado en tempo e forma para ser oído o Comité de Folga,

DISPOÑO:

Primeiro.-Que o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada para os días 18, 19 e 20 de novembro de 1996 na gardería infantil O Toxo de Pontevedra é o seguinte:

Directora da gardería, 1 cociñeiro, 2 auxiliares puericultores e 2 camareiros-limpadores.

Segundo.-A designación nominal do persoal que deberá cubri-los servicios fixados será feita pola delegada provincial da consellería, e publicada no taboleiro de anuncios da citada gardería.

erceiro.-O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente.

Cuarto.-O disposto na presente orde non suporá limitación ningunha dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

8179