Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente para a adquisición dunha mesa de quirófano (expediente 26/1996); adquisición dun arco para arteriografía dixital en quirófano (expediente 27/1996); adquisición dun láser para O.R.L. (expediente 28/1996); adquisicións dun aspirador ultrasónico e dun motor de altas revolucións (expediente 29/1996); adquisicións de dúas lámpadas para quirófano (expediente 30/1996); adquisicións de monitores, tres postos de monitorización en U.C.I. neonatal (expediente 31/1996), para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca os seguintes concursos:

* Expediente 26/1996.

1. Obxecto: adquisición dunha mesa de quirófano. Servicio de Traumatoloxía.

2. Orzamento: 11.000.000 de ptas., IVE incluído.

* Expediente 27/1996.

1. Obxecto: adquisición dun arco para arteriografía dixital en quirófano. Cirurxía Vascular.

2. Orzamento: 18.000.000 de ptas., IVE incluído.

* Expediente 28/1996.

1. Obxecto: adquisición dun láser para O.R.L.

2. Orzamento: 8.000.000 de ptas., IVE incluído.

* Expediente 29/1996.

1. Obxecto: adquisicións dun aspirador ultrasónico e dun motor de altas revolucións. Neurocirurxía.

2. Orzamento: 10.000.000 de ptas., IVE incluído.

* Expediente 30/1996.

1. Obxecto: adquisicións de dúas lámpadas para quirófano.

2. Orzamento: 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

* Expediente 31/1996.

1. Obxecto: adquisicións de monitores. Tres postos de monitorización en U.C.I. Neonatal.

2. Orzamento: 11.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

1. Prezo: ata 5 puntos.

2. Calidade técnica: ata 3 puntos.

3. Servicio técnico: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a

apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 23 de outubro de 1996.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

8267