Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 11 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador de sanidade alimentaria que se cita. (Expediente 42/1996).

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, se acorda publica-la proposta de resolución do expediente sancionador que se instrúe por infracción continuada do R.D. 1437/1992, do 27 de novembro (BOE do 13 de xaneiro), sobre producción e comercialización de productos pesqueiros, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente e presenta-las alegacións na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), segundo preceptúa o artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 11 de outubro de 1996.

María Isabel Suárez García

Instructora

ANEXO

Expediente: 42/1996.

Denunciado: Ovidio Álvarez Domínguez.

DNI: 35.792.786.

Último enderezo coñecido: rúa Ortigueira, nº 2-1º A Coruña.

Feitos imputados: transporte continuado de peixe en vehículo carente de isotermia.

Tipificación da infracción: R.D. 1437/1992.

Artigo infrinxido: 3.1º 8.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción proposta: 750.000 ptas.

8143