Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.261

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (185/1996).

Leonor Castro Calvo, maxistrada accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 185/1996 por instancia do Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli Atanes contra José Manuel Bello Rey, de quen se descoñece o seu domicilio, sobre reclamación de cantidade, téndose dictada providencia no día da data, acordando o emprazamento do dito demandado para que no termo de nove días compareza en autos, constituíndose en parte, baixo apercibimento de que, se non o verifica, será declarado en rebeldía, dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso.

E para que o acordado se cumpra e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, estendo o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o doce de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

9607658