Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de novembro de 1996 pola que se resolven os Premios de Investigación Xunta de Galicia 1995 convocados na Orde do 28 de marzo de 1996 (DOG do 22 de abril).

Pola orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 28 de marzo de 1996 (DOG do 22 de abril), convocaronse os Premios de Investigación Xunta de Galicia 1995.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Reunido o xurado e adoptadas as decisións pertinentes en relación cos anexos I, II e III da citada orde, procede, en consecuencia, darlles publicidade.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-lo Premio de Investigación Xunta de Galicia 1995 a un labor ou traxectoria investigadora ó profesor Constantino García González.

Segundo.-Declarar deserto o premio de investigación Xunta de Galicia 1995 ó mellor artigo de divulgación sobre investigación e/ou desenvolvemento tecnolóxico publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral editados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Concede-lo Premio de Investigación Xunta de Galicia 1995 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro e realizado por investigadores galegos ou investigadores vencellados a centros de investigación galegos, ós investigadores que a continuación se relacionan dentro das súas respectivas áreas de coñecemento:

1. Área de ciencias experimentais.

Premio ó investigador Wenceslao González Manteiga polo traballo titulado: Testing Linear Regression Models Using Non-Parametric Regression Estimators When Errors Are Non-Independent, publicado na revista Computational Statistics & Data Analysis.

2. Área de ciencias da saude.

Premio ó investigador Carlos Diéguez González polo traballo titulado: Influence of Metabolic Substrate and Obesity on Growth Hormone Secretion, publicado na revista Trends Endocrinol Metab.

3. Área de ciencias sociais e xurídicas.

Premio ós investigadores Fernando Díaz Fernández e Monserrat Zurrón Ocio polo traballo titulado:

Auditory Evoked Potentials in Down's Syndrome, publicado na revista Electroencephalography and Clinical Neurophysiology.

4. Área de ensinanzas técnicas.

Premio ó investigador Enrique Mandado Pérez polo traballo titulado: Los Parques Tecnológicos Como Herramienta de Promoción de la Innovación Tecnológica, publicado na revista Economía Industrial.

5. Área de humanidades.

Premio compartido ós investigadores:

-Wenceslao J. González Fernández polo traballo titulado: Reinchenbach's Concept of Predition, publicado na revista International Studies in the Philosophy of Science, e

-Ermelindo Portela Silva e Carmen Pallares Méndez polo traballo titulado El Sistema Antroponímico en Galicia. Tumbos del Monasterio de Sobrado. Siglos IX a XIII, publicado na revista Antroponimia y Sociedad.

Quinto.-A presente orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109. c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Santiago de Compostela, de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director xeral de Universidades e Investigación

8127