Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do día da data, aprobou inicialmente as normas subsidiarias de planeamento municipal segundo documento redactado pola arquitecta Mª Jesús Castelo Villanueva. De conformidade co artigo 114 do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, e o artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, do Parlamento de Galicia, de delegaciónd e competencias en amteria de urbanismo, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no BOP. O expediente atópase na secretaría do Concello a disposición dos interesados, que poderán formular alegacións que deberán dirixirse a esta alcaldía.

Ramirás, 12 de setembro de 1996.

Pilar López García

Alcaldesa

6983