Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.207

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (123/1996).

Por medio do presente edicto, acordado librar en autos de xuízo executivo número 123/1996, seguidos por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, contra Manuel Alcalde Gontán, sobre reclamación de 7.799.625 pesetas por principal, xuros e custas, fáiselle saber a Carmen González Grille, esposa do expresado demandado que, nos referidos autos, se realizou embargo sobre bens gananciais do expresado matrimonio, consistentes en vivenda sita na planta 3ª, letra A da casa número 75 da Avda. de Rosalía de Castro, en Ames, e vivenda unifamiliar, sita no lugar de Ínsua nº 3, de Val do Dubra. Notificación que se lle practica para os fins que prevén o artigo 144 do Regulamento hipotecario.

Dado en Santiago de Compostela o nove de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado

Rubricado

A secretaria

Rubricado

8225