Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996 pola que se anuncia a contratación do servicio de vixilancia do edificio sede da institución para o ano 1997.

A comisión de goberno deste consello, en sesión celebrada o día 5 de novembro do corrente ano, resolveu convoca-la contratación polo procedemento de concurso aberto para a adxudicación do servicio de vixilancia do seu edificio, segundo o seguinte detalle:

1. Adxudicador.

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Tramitador do expediente: Secretaría Xeral da Institución.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: vixilancia do edificio sede da institución.

Lugar de execución: rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

Prazo de execución: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e xeito de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Adxudicación: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 8.100.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 162.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Consello de Contas. Rúa Ramón Piñeiro, 29. 15771 Santiago de Compostela.

Teléfono: 54 22 00, fax: 54 22 40

7. Requisitos específicos de contratista.

Clasificación: non se require.

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite: 26 días naturais contados a partir de publicación deste anuncio no DOG.

Documentación: a requirida segundo o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para o contrato.

Lugar de presentación: rexistro xeral da institución, rúa Ramón Piñeiro, 29 en Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas.

No edificio sede da institución, ás 13 horas do decimoprimeiro día natural seguinte ó do remate de presentación de ofertas ou o primeiro día hábil seguinte, de coincidir aquel en sábado ou festivo.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1996.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior

9607892