Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 368/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública a petición de instalación de cambio tensión subestación A Frieira con cambio nos transformadores da zona da Cañiza, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: centros de transformación da L-12.04 no concello da Cañiza.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: cambio de tensión de 15 kV a 20 kV nos transformadores subministrados pola L-12.04, concello da Cañiza.

Orzamento: 8.064.450 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8076