Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 94/108-2-4166 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Teléfonica de España, S.A.

Finalidade: subministración enerxía eléctrica a estación radio base de Santa Cruz do Incio.

Orixe da liña: L.M.T. Santa Cruz do Incio.

Final: no C.T. da parcela de E.R.B.

Situación do transformador: en estación radio base de Santa Cruz do Incio.

Características: liña de media tensión 20 kV, de 488 metros de lonxitude con conductor LA-30 de 31.1 mm de sección, sobre apoios metálicos. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio metálico tipo C-2000.

Orzamento: 4.823.935 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións consideren oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 26 de xullo de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8079