Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa para a adquisición de catro oficinas cunha superficie de 193 m, no edificio colindante coa sede rectoral sito na rúa Areal número 50 de Vigo.

De acordo coa lexislación que regula os contratos patrimoniais da Administración do Estado e de conformidade coas competencias que teño atribuídas na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, resolvo facer públicas as razóns polas que, despois da tramitación do correspondente expediente, se utiliza o procedemento de contratación directa para a adquisición de catro oficinas (cunha superficie total de 193 m), no edificio colindante á sede rectoral sito na rúa Areal nº 50 de Vigo, que se basean nas peculiaridades do inmoble: superficie e distribución idóneas, seguridade, proximidade ás actuais oficinas administrativas, posibilidade de conexión e integración co novo edificio que a universidade pretente realizar como amplicación do existente na rúa Oporto, prezo ofertado pola empresa inferior ó valor actual do mercado inmobiliario segundo taxación pericial, tendo en conta a situación e materiais, e non existindo ningún edificio colindante que reúna no seu conxunto

tódalas condicións citadas.

Vigo, 15 de outubro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

8149