Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso público procedemento aberto, para a adxudicación da obra con expediente 407/1996.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 407/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: conexión peonil entre as facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias do Mar.

b) Lugar de execución: Campus Universitario de Lagoas-Marcosende.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 35.767.115 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 715.342 ptas.

Definitiva: 1.430.685 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Serv. de Xest. Económ. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2ª andar.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71

e) Telefax: (986) 81 35 54

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible: grupo G, subgrupo 6, categoría E.

Grupo I, subgrupo 1, categoría C.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Univesidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto nº 1-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 10 de outubro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

8158