Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: L.S.C. nº 3.
Cultivo: mexillón.
Localización: cuadrícula nº 38, Vilagarcía de Arousa G.
Data da concesión: 11-3-1964.
Data do remate da última prórroga: 21-4-2004.
Anterior concesionario: Osorio Lago, Manuel e Nogueira Nogueira, Emilia.
Novo titular da concesión: Rodríguez Alcalde, Baltasar; Visenta Figueira, Luisa; Rodríguez Alcalde, Mariano e Ordóñez Alcalde, Dolores.
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 10 de outubro de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
José M. Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
7839