Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/146-2-4628 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: reelectrificación de Couboeira.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 1.690 metros, con conductor LA-56 de 55 mm Al, sobre apoios de formigón e torres metálicas, para mellora do servicio eléctrico en Couboeira, concello de Mondoñedo.

Orzamento: 5.574.493 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 16 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7797