O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-90), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da explotación mineira denominada Zocha 2, situada no concello de Vilar de Santos, provincia de Ourense, e solicitado por Benjamín Linares Gallardo.
Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do estudio para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
7880