Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 184/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización

para instalar unha L.M.T. e un C.T. en Chan da Ponte, concello de Salvaterra de Miño, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Alectra Alto Miño S.A. a instalación dunha L.M.T. e un C.T. en Chan da Ponte, concello de Salvaterra de Miño.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 3 de setembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7825