Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 180/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar un C.T. en Fillaboa, concello de Salvaterra de Miño, e cumpridos os trámites de infor

mación pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Alectra Alto Miño S.A. a instalación dun C.T. en Fillaboa, concello de Salvaterra de Miño.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 3 de setembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7861