Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 4 de outubro de 1996, acordou inicia-lo procedemento de expropiación forzosa dos terreos de Renfe na antiga estación de Cornes, mediante a aprobación do proxecto técnico de expropiación.

En cumprimento do disposto no artigo 17 e seguintes da Lei de expropiación forzosa, o concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos vinte días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Relación de bens e dereitos afectados:

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Situación: terreos propiedade de Renfe, na antiga estación de mercadorías de Cornes.

Predio: único.

Titular: Renfe.

Superficie: 18.108 m.

Outros bens e dereitos afectados:

1. Edificio da estación. Contén sete viviendas. José González Penas, Ramón Aira González, Carmen Aira García, José Rodríguez Acevedo, Manuel Fariña Pérez.

2. Nave de Rofernar, S.A.

3. Nave de Magán-Horco, S.L.

4. Nave de Sotoliva

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1996.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro Delegado de Urbanismo

7850