Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO relativo a información pública da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da Rúa do Conde de Bugallal.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis, prestou aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da Rúa do Conde de Bugallal, redactado polo arquitecto xefe da Oficina de Xestión e Disciplina Urbanística.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Con

tencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 17 de octubre de 1996.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

9607847