Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de outubro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da granxa mariña sita no Pindo, Quilmas, Carnota (A Coruña) de titularidade de Corporación Interalimentaria, S.A. a favor de Martesanal, S.L.

Visto o expediente iniciado con data 8-10-1993, por instancia de Antonio Vega Guerrero, no nome e representación da entidade mercantil Corporación Interalimentaria, S.A., con CIF A-36.642.676, domiciliada en Vigo, rúa Brasil, 56, no que solicita autorización para levar a cabo o cambio de dominio do establecemento que a continuación se relaciona:

-Establecemento: granxa mariña.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima).

-Situación: O Pindo-Quilmas, concello de Carnota (A Coruña).

-Superficie de dominio privado: nave 2.028,00 m por Orde do 21-9-1989 (DOG nº 233, do 5-12-1989).

-Superficie de dominio público: 735 m, para toma de auga de mar e desaugadoiros.

-Capacidade de producción anual: 300 tm.

-Outorgamento do título habilitante: 21-9-1989 (DOG nº 233, do 5-12-1989).

-Remate da vixencia do permiso de actividade e concesión: 5-12-1999.

-Titular: Corporación Interalimentaria, S.A.

-Novo titular: Martesanal, S.L.

Considerando o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993) e na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29-7-1988).

Tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa de cambio de dominio con data 10-12-1993, e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Tendo en conta, así mesmo, que no Ministerio de Medio Ambiente se outorgou o preceptivo cambio de dominio do título concesional correspondente á ocupación do dominio público marítimo-terrestre de data 12-6-1996, que será vinculante para esta consellería.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que obran no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico e por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura,

RESOLVE:

Acceder ó solicitado, outorgándolle á entidade mercantil Martesanal, S.L. con CIF nº B-36.764.041, constituída o 25 de xuño de 1993, ante Alfonso Zulueta De Haz, número 1.670 do seu protocolo, constando inscrita no rexistro mercantil, baixo a folla nº PO-10.263, o folio 77 do libro 1339 de sociedades, a titularidade do permiso de actividade e concesión da granxa mariña de cultivo de rodaballo (Psetta maxima), sita en Quilmas, Concello de Carnota (A Coruña), outorgado á Corporación Interalimentaria, S.A. en data 21-9-1989.

Condición: o novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario e obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9607748