Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-230/1996, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e ó seu Regulamento de 1955 (modificado polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: LU-230/1996.

Denunciado: Antonio Conde Martínez.

DNI: 34.649.670.

Último enderezo coñecido: Requeixo Fozado, 22. Ourense.

Feito denunciado: atoparse no recinto feiral de Monterroso para mercar gando sen te-lo carné de tratante.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196.

Precepto sancionador: artigo 213.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Lugo, 7 de outubro de 1996.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

7743