Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita e se declara a súa utilidade pública. (Expediente IN407A 96/45-3 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración da súa utilidade pública dunha instalación eléctrica de alta tensión, que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Situación: Vilaseca (Sarreaus e Trasmirás).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 1.806 m sobre postes de formigón ou metálicos, derivada desde o apoio 28 da liña Sarreaus-Escornabois, e rematará no C.T. proxectado aéreo en Vilaseca (Trasmirás) con 160 kVA, 20 kV/380-220 V e redes de baixa tensión de 370 m en conductor R.Z. Liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 90 m sobre postes de formigón ou metálico, derivada desde o apoio 7 da liña o C.T. de Vilaseca, e rematará no C.T. existente particular denominado «discoteca».

Orzamento: 9.054.092 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 1 de outubro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7691