Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 10.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO COVELO

EDICTO do 30 de setembro de 1995 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da aprobación inicial das normas subsidiarias de planeamento do Covelo e o acordo de suspensión de licencias.

Aprobadas inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de setembro de 1996, as normas subsidiarias de planeamento do concello do Covelo, sométense á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Pontevedra e nun dos cornais de maior circulación desta, durante o cal poderán ser examinadas no concello e ser formuladas alegacións que se consideren pertinentes, conforme establece o artigo 114 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 102 da antedita lei, acórdase a suspensión de outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito de todo o concello, esceptuándose da dita suspensión aquelas que, cumprindo coa normativa vixente, non incumpran o que se aprobou inicialmente. O período de

suspensión farase efectivo ata a aprobación definitiva das mencionadas normas, sen que poida o dito prazo supera-los dous anos.

O Covelo, 30 de setembro de 1996.

O alcalde

Rubricado