Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación das obras de intervención e recuperación do Teatro Principal da Estrada (Pontevedra) e a rehabilitación da Casa da Viuda e o seu contorno, para área panorámica (A Gudiña-Ourense).

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes obras:

-Intervención e recuperación do Teatro Principal da Estrada (Pontevedra).

Orzamento de licitación: cento corenta e cinco millóns cincocentas noventa e tres mil cento cincuenta pesetas (145.593.150 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 2, categoría d. Grupo I, subgrupo 9, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

-Rehabilitación da Casa da Viuda e o seu entorno, para área panorámica (A Gudiña-Ourense).

Orzamento de licitación: cento corenta e oito millóns trescentas corenta e dúas mil cincocentas noventa pesetas (148.342.590 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposición dos pregos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nas delegacións

provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que concorran a máis dunha obra, deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

7532