Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de vehículos (C.P. 6/1996).

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o esta

blecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca polo trámite de urxencia, o seguinte concurso público:

Obxecto: subministración de vehículos.

Orzamento: 3.500.000 ptas., (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e urxente.

Prazo de entrega: un mes natural contado a partir da data da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de subministracións da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Pasteur, 22, (Polígono da Grela), 15008 A Coruña, teléfono: (981) 25 14 50, fax: 25 16 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administarcións públicas.

b) Definitiva: será do 4% do importe da adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ve-lo artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, apartados d) e e).

Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, punto 1, apartado a).

Admisión de variantes: admítense, e deberanse especificar brevemente e de maneira clara, cales son, a xuízo da empresa licitadora, as súas avantaxes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, Ambulatorio de San Xosé r/ Comandante Fontanes nº 8, planta baixa, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Comandante Fontanes nº 8-5ª planta, ás 10 horas do sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devan

dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

-Calidade dos materiais segundo o prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

-Prezo ofertado: ata 4 puntos.

-Prazo de garantía: ata 3 puntos.

-Prazo de entrega: ata 3 puntos.

-Servicio posvenda: ata 3 puntos.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Bernardo Seoane Díaz

Director-xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol

9607958