Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación dunha subministración de ortopróteses-cadeiras de rodas (C.P. 43/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de ortopróteses-cadeiras de rodas.

Orzamento: 27.565.000 pesetas, que representan o consumo estimado dos meses de novembro e decembro deste ano; se ben, este importe subordinarase os consumos que realmente se produzcan e ratearase en función do período de prestación que ó final se contrate.

Garantía provisional: 551.300 pesetas.

Lote 1: cadeira PCI 2-6 anos.

Orzamento: 1.215.000 ptas.

Fianza provisional: 24.3000 ptas.

Lote 2: cadeira PCI 4-10 anos.

Orzamento: 425.000 ptas.

Fianza provisional: 8.500 ptas.

Lote 3: cadeira rodas electrónica.

Orzamento: 2.130.000 ptas.

Fianza provisional: 42.600 ptas.

Lote 4: cadeira rodas electrónica.

Orzamento: 7.750.000 ptas.

Fianza provisional: 155.000 ptas.

Lote 5: cadeira rodas bipedestación.

Orzamento: 1.470.000 ptas.

Fianza provisional: 29.400 ptas.

Lote 6: cadeira rodas lixeira.

Orzamento: 5.940.000 ptas.

Fianza provisional: 118.800 ptas.

Lote 7: cadeira rodas ultralixeira.

Orzamento: 6.160.000 ptas.

Fianza provisional: 123.200 ptas.

Lote 8: cadeira rodas infantil.

Orzamento: 720.000 ptas.

Fianza provisional: 14.400 ptas.

Lote 9: órteses de asento a medida cos.

Orzamento: 1.755.000 ptas.

Fianza provisional: 35.100 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente.

II. Prazo de entrega: a primeira ós 15 días naturais desde a data de adxudicación. As seguintes segundo demanda.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Prezo: 50%

2. Calidade técnica: 40%

3. Servicio e entregas: 10%

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arri

ba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario (Planta Baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviarse por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9607955