Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación do Pazo de Xustiza da Coruña para sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

a) Organismo: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria Xeral.

c) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano-bloque 5, 3ª planta; 15771 Santiago de Compostela, Tfno. (981) 54 46 42, fax (981) 54 46 96.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica, mediante expediente anticipado de gasto.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación do Pazo de Xustiza da Coruña para sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 17.278.314 ptas. (IVE incluído).

Aplicación orzamentaria: 13.02.123A.632.0

4. Prazo de execución do contrato: seis (6) meses contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6. Clasificación esixida ó contratista (só persoas xurídicas).

Grupo: II

Subgrupo: 4

Categoría: C

7. Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no Edificio Administrativo de San Caetano-bloque 5, 3ª planta; 15771 Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós vinteseis (26) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fora inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: ós licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares: tódolos interesados poderán consultalos na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no Edificio Administrativo de San Caetano-bloque 5, 3ª planta; 15771 Santiago de Compostela.

11. Apertura das proposicións: terá lugar, en acto público, na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 12 horas do día 12 de decembro.

12. Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores: ás condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares, apartado 5.

13. Criterios de adxudicación do concurso: relaciónanse no apartado 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo no que o licitador estará obrigado a manté-la súa oferta: durante tres meses desde a data de apertura das proposicións.

15. Incumprimento do contrato: o incumprimento total ou parcial do contrato implicará a aplicación de interese de demora.

16. Anuncios: os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1996.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7952